Hemeroteca

Asset Publisher

Back Cinco novas sesións da Hora do conto para a próxima semana

Oleiros, 1 de marzo de 2013-.  O Concello de Oleiros, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, organiza para a próxima semana un total de cinco sesións do programa A hora do conto. As sesións levaranse a cabo nas bibliotecas municipais de Montorve, Perillo, Lorbé, Santa Cruz e Nós. Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e os nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.


Todos os actos terán lugar ás 18.30 h.

Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove
Martes, 5 de marzo
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS:  Artur e Clementina, 7 cabritos, O paxariño insolente, A galiña roxa, A toupa que quería saber...

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Mércores, 6 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:  Avoa, A princesa Lume, A madrasta, Arañas

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Mércores, 6 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:     Xiana sen medo, A casa do outeiro

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves, 7 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS:     A galiña roxa, A ra Xoana, O señor Nimbo e a máquina de fume

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
Venres, 8 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:   O misterio da avoa Pepa, César Pompeio, O león, o grilo e o raposo
 

back link