Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda: Limpar de antibióticos o medio ambiente

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o venres 13 de decembro da man da profesora Carmen Rodríguez Coronado.

O venres 13 de decembro ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida pola profesora da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña; Carmen Rodríguez Coronado sobre “Limpar de antibiótico o medio ambiente”. 

Os obxectivos do programa “Ler para saber”  son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.


 

back link