Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda os venres 2 e 23 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril, 10 e 24 de maio a partir das 18:30 horas.

A biblioteca Rialeda volve cunha nova programación de “Ler para saber” dedicada ás charlas de divulgación científica durante os meses de febreiro a maio

Celebraranse seis charlas sobre temas científicos dirixidas a crianzas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo, os venres 2 e 23 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril, 10 e 24 de maio, ás 18:30 horas.

Os obxectivos deste programa son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

PROGRAMACIÓN: 

- 2 de febreiro: A CIENCIA NA ARTE   
Gemma Andújar Santos. Profesora de Educación Secundaria

- 23 de febreiro: A IMPORTANCIA DA CONSERVACIÓN DOS OCÉANOS
Sebastián Losada Figueiras. Ecoloxista e activista. Licenciado en Ciencias do Mar. Asesor de Greenpeace Internacional

- 15 de marzo: CONSTRUIMOS UNHA NAVE ESPACIAL
Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias

- 19 de abril: O CORAZÓN: FUNCIÓN, PATOLOXÍAS E COIDADOS   
Enrique Iglesias Río. Cardiólogo no CHUAC e no Hospital San Rafael

- 10 de maio: INVESTIGACIÓN SOBRE MICROALGAS   
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

- 24 de maio: ARQUITECTURA SOSTIBLE: CASA BIOCLIMÁTICA E CASA ECOLÓXICA   
Marcos Álvarez Montes e Susan Moriyón Romero. Arquitectos
 

back link