Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Charla aberta sobre a infancia cun diagnóstico TEA

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza unha charla aberta o vindeiro xoves 15 de maio ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz. O título da charla é “Retos e desafíos na infancia cun diagnóstico TEA” e será impartida por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar especializada en acompañamentos a persoas no espectro autista e as súas familias.

O TEA (Trastorno do Espectro Autista) afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son indispensables na súa evolución, pero en moitas ocasións séntense soas e incomprendidas.

Por iso, precisan tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

Dende o Concello de Oleiros ofrécese esta charla aberta sobre estas cuestións na que ademais se informará da existencia dun grupo estable de apoio para familias nesta situación. Non é necesaria a inscrición previa.  
 

back link