Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Brillantes espectáculos da Escola Municipal de Danza no auditorio de Mera

Imagen Brillantes espectáculos da Escola Municipal de Danza no auditorio de Mera

O auditorio Gabriel García Márquez de Mera rexistrou dous cheos esta fin de semana nos espectáculos de danza organizados polo Concello. O alumnado da Escola Municipal de Danza deixou patente o seu destacado talento para o baile e a interpretación, así como o magnífico traballo que hai detrás por parte do profesorado deste centro público, que dirixe maxistralmente Lara Fenoll.

A primeira das representacións, o venres, foi “Un día no museo”, por parte dos distintos ballets clásicos. Esta mañá houbo unha nova actuación, neste caso dos grupos de danzas urbanas e contemporáneas. Ambos espectáculos foron un éxito absoluto e contaron coa participación de máis de 300 artistas.