Esta escola, xunto coas de música e teatro, é un dos mellores exemplos da política cultural do Concello; auténticos viveiros artísticos nos que centos de persoas, principalmente nenos e mozos, se forman e desenvolven as súas habilidades creativas. Ademais da formación, as escolas municipais son capaces de realizar espectáculos de primeirísimo nivel como os que se puideron presenciar durante os últimos días. O fomento da cultura e a arte nunca é un gasto, é un investimento en liberdade e educación.