Oleiros, 26 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros lamenta que a inexistencia dun informe de Audasa teña paralizada a contratación das obras de conexión da vía Ártabra coa Autopista do Atlántico. A Xunta de Galicia dispón de 4 millóns de euros para iniciar a obra este mesmo ano pero para realizar a licitación precisa un informe da empresa concesionaria da AP-9.
Ante esta situación, os alcaldes da comarca acordaron asinar un documento para demandarlle ao ministro de Fomento que urxa á empresa a que emita o correspondente informe. “Audasa, ademais de esquilmar aos cidadáns coas peaxes, está boicoteando as obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9. A Xunta de Galicia ten 4 millóns para iniciar a obra este ano e o Ministerio de Fomento non pode consentir que a concesionaria da Autopista do Atlántico paralice unha actuación tan importante para milleiros de cidadáns por non realizar un informe”, comentou o alcalde.