Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As nenas e nenos do Luis Seoane plantan árbores en Canide

Oleiros, 18 de abril de 2018-. As nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos do Colexio Luis Seoane plantaron varias árbores na zona verde de Canide. A actividade foi organizada pola Asociación de Veciños San Cosme de Maianca en colaboración co Concello de Oleiros.

Anteriormente, o pasado día 21 de marzo, o Concello de Oleiros, en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, puxo en marcha unha plantación na que participaron os alumnos e alumnas do CEIP Juan de Vega e da Escola Infantil As Galeras. Co obxectivo de fomentar o respecto pola natureza entre os máis pequenos plantáronse 15 castañeiros, 40 carballos, 20 pradairos brancos e 26 piñeiros.
 

back link