Hemeroteca

Asset Publisher

Back As escolas de música e danza inician a súa actividade lectiva

Oleiros, 17 de agosto de 2013-. As escolas de música e danza inician a actividade lectiva. A Escola Municipal de  Música situada no complexo cultural A Fábrica levará a cabo mañá a presentación para o alumnado de 4 a 7 anos de idade, no nivel de música e movemento.Posteriormente, os días 19 e 20 de setembro terán lugar as presentacións dos horarios para cada unha das 25 especialidades e do resto das materias troncais, complementarias e opcionais.  Pola súa parte, a Escola Municipal de Danza realiza esta tarde a presentación para todos os cursos e niveis, dende música e movemento, danza clásica, danza moderna e danza para adultos. Finalmente as clases comezarán o próximo luns 23 de forma regular nos dous centros.

back link