Oleiros, 28 de setembro de 2020-. O obradoiro de acondicionamento da Finca Tenreiro está a formar 20 veciños e veciñas de Oleiros que se atopaban en situación de desemprego nos oficios de carpintería e albanelería. Aquelas empresas que contraten algunhas destas persoas van recibir unha subvención de 1.500 euros.
Con esta axuda preténdese facilitar o primeiro contrato de traballo do alumnado e incentivar que as empresas opten por persoal cualificado. O obradoiro finalizará o vindeiro 24 de novembro.
As empresas interesadas nestas subvencións deben dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, situado nos Regos. O teléfono de contacto é o 981631706. O prazo para solicitar esta subvención finaliza o próximo 23 de outubro.