Hemeroteca

Asset Publisher

Back As bibliotecas continuarán co seu programa infantil

 Oleiros, 24 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros, a través da Rede municipal de bibliotecas organiza para a próxima semana, concretamente entre o 27 e o 30 de outubro, unha interesante e completa oferta de actividades infantís que forma parte dos programas A hora do conto e Ler conta moito. As actividades comezarán o 27 de outubro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal María José Ruso de Dorneda onde os escolares poderán participar no obradoiro A ciencia é divertida realizando diversos experimentos.

 
Pola súa parte, o mércores 29 de outubro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz realizarase o contacontos titulado A viaxe de Lup a cargo da actriz Soledad Felloza, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Trátase dun fermoso espectáculo de narración oral co que gozarán os máis pequenos acompañados polos seus pais e se introducirán nun mundo de fantasía.
 
Para rematar a semana, o xoves día 30 ás 18:30 horas,  na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo,  realizarase o contacontos titulado Fábulas no berce a cargo da actriz Charo Pita. O espectáculo está dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos. É unha alegre actividade para nenas e nenos, onde a través de relatos sinxelos, ritmos e cancións, se introducirán no fermoso universo das palabras e da creatividade.
 
back link