Hemeroteca

Asset Publisher

Back As actividades e obradoiros de nadal previstos na Praza Esther Pita trasládanse ao Centro Cívico de Santa Cruz

Por razóns loxísticas e meteorolóxicas os obradoiros de manualidades e xogos de animación de nadal previstos na Praza esther Pita celebraranse no interior do Centro Cívico de Santa Cruz, sito na rúa Ricardo Cubeiro.

O Concello de Oleiros informa que, por razóns loxísticas e meteorolóxicas, os obradoiros de nadal para crianzas e familias previstos na Praza Esther Pita desenvolveranse no Centro Cívico de Santa Cruz, respectando os días e horarios de cada un deles:

- Martes 23 de decembro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: piruleta de nadal, carta a Papa Noel, reno Rudolph...

- Venres 26 de decembro (17:30-19:30h): animación e xogos.

- Sábado 27 de decembro (17:30-19:30h): obradoiro de nadal: “Os elfos de Papá Noel”

- Luns 29 de decembro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: boneco de neve, árbore de nadal, glitter…

- Martes 30 de decembro (17:30-19:30h): animación e xogos.

- Venres 2 de xaneiro (17:00-20:00h): rebumbio de obradoiros: camelos, estrala fugaz, roscón de reis…

- Sábado 3 de xaneiro (17:30-19:30h): obradoiro de nadal “Buscando a Rodolfo”.


Todas as actividades son de acceso libre e gratuítas para as crianzas.

back link