Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Apertura do prazo de licitación do servizo de limpeza viaria no Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros saca a licitación por un importe de máis de 4 millóns de euros o servizo de limpeza viaria para unha duración de 4 anos.   

O pasado 26 de abril publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación relativa ao Servizo de limpeza viaria no Concello de Oleiros. Trátase dun servizo público obrigatorio de competencia municipal, de acordo con o artigo 26.1 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL). 

O Concello de Oleiros conta cunha extensión de 43,8km2 nos que se distribúe de forma heteroxénea a poboación, dispersa en núcleos. Para garantir a conectividade dos núcleos poboacionais existes numerosos viais e rueiros, prazas, sendeiros... que precisan ser conservados en bo estado e limpos por seren estes espazos de carácter público, co obxectivo de que a poboación poida facer un bo uso dos mesmos. 

O contrato abrangue a limpeza axeitada dos viais e beirarrúas, como así tamén dos elementos que nela se atopan, dando correcto servizo a cada un dos activos que se desagregan no prego de condición técnicas tendo en conta as zonas e ámbitos de actuación, como así tamén actuacións e servizos de carácter especial por celebración de eventos, festas patronais etc.

O importe da licitación é de 4.697.564,74€ para unha duración de catro anos máis unha posible prórroga dun ano. O prazo de presentación de ofertas finalizará o próximo 27 de maio.

back link