Oleiros, 2 de agosto de 2011.- Mañá día 3 de agosto inaugúrase a XVI edición da feira de olería Alfaroleiros. O acto celébrase ás 12.30 horas no parque Luís Seoane de Santa Cruz, lugar onde quedarán emprazados os expositores dos artesáns participantes. Na mostra participarán 25 oleiros de distintos puntos da xeografía española, o que permitirá admirar pezas de diferentes estilos, moldeadas con diversas técnicas e decoradas con distintos motivos seguindo a tradición dos seus lugares de orixe.
Ademais da artesanía, Alfaroleiros complétase cun programa cheo de actos paralelos que inclúe tres concertos programados para o venres, sábado e domingo, onde actuarán o grupo folk Leilía, La Trova Camagüeyana e a Banda de Gaitas da Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz, respectivamente.
PROGRAMA DE ACTOS:
- VENRES 5 DE AGOSTO
- 19:00 h: Lusco e fusco presentan o seu espectáculo de rúa “VIAXES”
- 22:30 h: Concerto do grupo folk Leilía
- SÁBADO 6 DE AGOSTO
- 22:30 h: Concerto do grupo cubano La Trova Camagüeyana
- DOMINGO 7 DE AGOSTO
- 20:30 h: Clausura da feira coa actuación da Banda de Gaitas de la Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz
OLEIROS QUE PARTICIPAN:
- Agustín Vázquez Ferreiro
Niñodaguia (Ourense)
- Alexandre e Xosé Añón Gil
Meder-Salvaterra do Miño (Pontevedra)
- Angel Peño Gallego
Villafranca de los Caballeros (Toledo)
- Antonio Alfonso Fernández
Albox (Almería)
- Antonio Cid García
La Rambla (Córdoba)
- Armando Moita Domingues
Coimbra (Portugal)
- Blas Casares Morales
Monachil (Granada)
- Cristóbal Arance Peña
Bailén (Jaén)
- Evelio López Cruz
Mota del Cuervo (Cuenca)
- Francisco Casas de la Cal
Puente del Arzobispo (Toledo)
- Francisco Saavedra Leva
Salvatierra de los Barros (Badajoz)
- Isidoro Granados Luque
Lucena (Córdoba)
- Joaquín Albalat Juárez
Ribesalbes (Castellón)
- José Pajares Bermejo
Arroyo de la Luz (Cáceres)
- José Ángel Boix Martínez
Agost (Alicante)
- José Luis Naharro Hernández e
Antonio Naharro
“Alfarería Extinguida” Madrid
“Alfarería Navarrete” La Rioja
- Josefa Lombao Ferro
Bonxe-Outeiro de Rei (Lugo)
- Juan Pablo Martínez Múñoz
Úbeda (Jaén)
- Manuel Miguel Vicente Santiago
Moveros de Aliste (Zamora)
- Marcelino Rodríguez Suárez
Llamas de El Mouro (Asturias)
- María Luisa Esteban Chacón
Talavera de la Reina (Toledo)
- Tomás López González
Gundivós-Sober (Lugo)
- Víctor Dueñas Herrero
Alba de Tormes (Salamanca)
- Víctor Redondo Tamame
Pereruela (Zamora)