Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán, para causar os mínimos trastornos posibles, e consistirán principalmente na renovación da cuberta, fachadas e fiestras.

No verán de 2025 realizarase a segunda fase desta reforma integral, que afectaría ao interior do centro: paredes interiores, pavimento, sistema calefactor... Esta segunda fase está valorada en 150.000 euros.

O financiamento da obra, que lle correspondía á Xunta, abordarase coas achegas de dous anos que o Concello fai á escola e unha achega municipal. Non se podían tolerar por máis tempo os evidentes danos que presenta a escola, que forma parte da rede A Galiña Azul.

O edificio, igual que todas as escolas infantís de Oleiros, foi construído polo Concello en 1993. Ten 675 metros cadrados distribuídos nun espazo multifuncional e cinco aulas.

back link