Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Adquisición dun local para o Club de Regatas Perillo

Imagen Adquisición dun local para o Club de Regatas Perillo

O Concello vai destinar 62.000 euros á compra dun local para o club de remo de Perillo. Situado na avenidas das Américas, e contiguo ás actuais instalacións do club, que permitirá incrementar espazos para adestramentos en terra e almacenaxe de embarcacións.

O Club de Regatas é unha entidade deportiva dedicada á práctica do remo cunha historia repleta de grandes éxitos. Neste momento continúa a realizar un extraordinario traballo de canteira, ademais de competir nas categorías absolutas, tanto masculina como feminina, e precisan de máis espazos para continuar coa importante labor que realizan en beneficio da práctica deportiva e da convivencia.