Abril, Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrolterra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre coa instrumentación típica de fado portugués.
Daniel Adzemian, guitarrista arxentino, é o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións. Varios foron os artistas que colaboraron co grupo, resaltando o labor de José Calabuig (guitarra clásica) ou da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL fado atlántico, chamado PAZO DA MERCED.
O grupo rematou a produción do seu terceiro traballo discográfico, feito integramente en galego, destacando a participación da fadista compostelá Sara de Sousa, que actuou en diversos escenarios de Porto e outras localidades do norte de Portugal. Iria Quintía guitarrista de formación superior clásica (viola de fado) completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.