Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo para presentar propostas artísticas para decorar espazos públicos do municipio

O Concello celebrará este verán unha nova edición do Programa de Embelecemento Urbano, unha iniciativa a través da cal se ornamentan as paredes e zonas públicas con murais de diferentes artistas coa intención de construír un museo ao aire libre ao longo dos anos. Nesta edición búscase dar un salto de calidade no programa, dando tanto a artistas consolidados como ás novas mentes creadoras a oportunidade de utilizar espazos públicos como lenzo que lles aporte visibilidade e recoñecemento, dando un pulo á súa carreira e proxección. 

Neste momento está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de participación para todas aquelas persoas que teñan interese en decorar algunha das zonas incluídas no programa deste ano, no canto de limitar a participación ao envío de invitacións por parte do Concello.  

Pódense consultar as bases na web municipal. As solicitudes poden presentarse ata o 20 de xuño.

BASES

back link