Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións, minicampamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti,...
É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.