Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo de inscrición para a ruta familiar Ponteceso-Praia de Balarés e museo MELGA

O Concello de Oleiros organiza unha ruta familiar enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo sábado 20 de abril.
 

O vindeiro sábado 20 de abril terá lugar unha nova ruta do programa Andares por Galicia, a cultura da natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa ruta de PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA. 

Nesta ocasión trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal. 

Entre os lugares e puntos de interese que se visitarán durante a ruta de 5,5 km e dificultade baixa sinálanse o río Anllóns e vila de Ponteceso, a casa de Eduardo Pondal (non se visita), observación das aves no Esteiro de Anllóns, o ZEC Costa da Morte (Rede Natura 2000), o Piñeiral de Balarés (área de lecer) ou o miradoiro do Alto das Travesas. Para rematar realizarase unha visita cultural ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) ou á olaría de Aparicio (Buño).

INSCRICIÓNS:  https://www.oleiros.org/actividades-culturais/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/1111060

 

back link