Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Xustiza recuperará unha casa ocupada para extorsionar á propiedade

 Oleiros, 27 de setembro de 2022-. O Concello de Oleiros colaborará co desaloxo de persoas que asaltaron unha vivenda en Bastiagueiro esixindo posteriormente á propiedade que lles paguen por irse.

 
Así o manifestou o alcalde, Ángel García Seoane, que quixo marcar distancias con outras casuísticas que se soen producir cando hai desaloxos, protagonizadas estas últimas por familias que non son quen de pagar o seu aluguer ou se atopan nunha situación límite, casos que deben ser estudiados polos servizos sociais de cada municipio. Tampouco se trata dunha vivenda propiedade dun banco ou dun fondo inversor.
 
O desaloxo terá lugar o próximo 6 de outubro e está dirixido pola autoridade xudicial. Neste caso de Bastiagueiro, como nalgúns máis, a acción legal posiciónase en favor da auténtica vítima, que é a familia propietaria dun ben inmoble inxustamente invadido por persoas sen escrúpulos que recorren á extorsión para obter beneficios económicos.
back link