Oleiros, 19 de xaneiro de 2016-. Incomprensiblemente, máis de dous meses despois de ter rematada a obra de conexión da vía Ártabra co porto de Lorbé a estrada segue pechada á circulación. Ademais, a Xunta de Galicia ten pendente a ordenación do aparcadoiro das inmediacións do peirao cuxos terreos foran expropiados polo organismo autonómico para completar os accesos a un dos portos con maior importancia de todo o norte de Galicia.
A Xunta de Galicia tamén ten pendente a conexión da vía Ártabra coa AP-9. Neste momentos, estase a redactar o proxecto xa que o Goberno autonómico pretende facer a conexión nun punto distinto ao previsto inicialmente: en Pravio –Cambre- baixando cara a Regueiro escuro, xa na localidade de Nós.