Nin a Comisión de festas nin o Concello foron informados da existencia desta liña, que funcionará tal e como reclamaba o Goberno municipal dando servizo á mocidade a través dunha ruta circular. Desde o Concello agárdase que para próximas festas a Xunta informe debidamente e coa suficiente antelación para que a cidadanía coñeza a existencia do servizo e se anime a usalo.
Hemeroteca
Asset Publisher
O Concello de Oleiros congratúlase de que a Xunta de Galicia rectificase a súa decisión de eliminar o bus nocturno para as festas de Santa Ana. É sorprendente que se a Xunta tiña previsto o funcionamento desta liña especial non o fixese público ata unhas horas despois de que o Concello denunciase a súa eliminación.