Esta situación supón un incumprimento das normas de circulación e seguridade viaria. A vía Ártabra é unha estrada de titularidade autonómica, e debe ser a Xunta quen instale a iluminación nas súas interseccións e accesos.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
O Concello de Oleiros reclamou en reiteradas ocasións ao longo dos anos á Xunta de Galicia a necesidade de dotar e poñer en funcionamento o alumeado das rotondas e enlaces de acceso á vía Ártabra. Desde a propia administración autonómica chegaron a recoñecer por escrito a súa obriga neste sentido, sen que ata o momento actuasen ao respecto.