Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A vindeira semana comezarán sete obras que serán sufragadas cos fondos do superávit de 2015

Oleiros, 05 de setembro de 2016-. A segunda semana de setembro comezarán os traballos de sete importantes obras que serán financiadas co remanente económico orixinado a partir da xestión do Goberno local no exercicio de 2015. Estes sete proxectos foron adxudicados a pasada semana e en total suman 213.515,12 euros.

As obras contratadas son as seguintes: construción dun muro de contención no parque da Liberdade de Nós (23.740,20 euros), mantementos varios na Casa da Gardesa no parque das Torres de Santa Cruz (58.231,85 euros), reparación das pasarelas metálicas da avenida Che Guevara en Bastiagueiro (40.263,63 euros), reparación das sendas nos parques da Pezoca, Santa Leocadia e outros (39.533,91 euros), reforzo da iluminación como mellora da seguridade viaria en diversos puntos do municipio (26.490,58 euros), corrección da enerxía reactiva no bombeo da cascada do parque José Martí (1.102,95 euros), pavimentación das vías das instalacións de Servizos Municipais (24.152 euros).

Ademais, a semana pasada tamén se adxudicou a ampliación da sede de Servizos Sociais para a creación de máis despachos nos que poder atender mellor ás persoas que demandan a axuda do Concello de Oleiros. O importe desta reforma ascende a 24.028,18 euros.
 

back link