Oleiros, 21 de febreiro de 2020-. As obras de humanización da rúa do Repicho obrigarán a prolongar ata o luns o corte de tráfico entre o número 26 e o límite coa rúa da Praia (fronte ao acceso á praza do Castelo).
O Concello está a cambiar o pavimento desta rúa, no centro de Santa Cruz. O investimento nesta actuación é de 161.898,48 euros.