A pista de xeo instalarase na polideportiva da Segunda República en Perillo e o resto das atraccións, tipo tiovivos ou carruseis e outras semellantes, na Praza de Esther Pita en Santa Cruz; durante todo o mes de decembro.
O Concello de Oleiros está organizando as actividades, a prezos populares, para todas as crianzas.
Debido á dispersión poboacional de Oleiros, o Concello non alumeará masivamente ningún espazo urbano en concreto, en detrimento doutros lugares; mais si que se decorará e iluminará unha árbore en cada unha das parroquias ou núcleo poboacional.
Asimesmo, o Concello e Oleiros colabora coas entidades sociais, culturais, comerciantes etc que dispoñen alumeado navideño nas súas respectivas zonas de influencia facéndose cargo dos gastos enerxéticos dos alumeados.