Oleiros, 26 de xaneiro de 2016-. Antes de que finalice o ano o Concello de Oleiros recibirá o proxecto para a construción dun edifico de vivendas de protección no centro de Perillo, pegado á rúa do Pombal. Os veciños de Oleiros terán prioridade á hora de solicitar estas vivendas.
No momento no que o proxecto de construción estea presentado oficialmente, abrirase o período de presentación de solicitudes. O Concello de Oleiros informará nos vindeiros meses, a través dos diferentes medios de comunicación, dos prazos existentes para que todas aquelas persoas interesadas nestas vivendas poidan realizar as súas peticións.
Ademais, está previsto que no 2018 comecen outras dúas promocións de vivendas de protección no municipio. Nun caso serán en Mera, detrás da Perla entre a rúa Lamalonga e a rúa Pinar do Río, e no outro serán en Dorneda, xunto ao novo campo de golf.