Coa nova ruta, unha vez pasada a Igrexa de Mera, o bus continuará pola estrada xeral ata O Cubo, desviándose nese punto pola avenida Giménez Herrero e incorporándose posteriormente á estrada xeral en Lorbé. Para garantir a calidade do servizo está previsto a utilización dun autobús articulado, con capacidade para atender o incremento de pasaxeiros previsto.
O Concello reclamou en diversas ocasións a mellora das frecuencias na zona norte do municipio ante o deficitario servizo de transporte público existente. Quedan pendente de resolver por parte da Xunta de Galicia outras demandas formuladas polo Concello como as melloras en Nós e Iñás, os buses nocturnos, a comunicación coa universidade...