Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Fábrica acolle unha mostra do alumando do Obradoiro de debuxo e pintura infantil

Oleiros, 17 de xaneiro de 2018-. O centro cultural A Fábrica acollerá a partir de mañá xoves 18 de xaneiro unha mostra de pintura dos traballos  realizados polo alumnado do Obradoiro de debuxo e pintura infantil e xuvenil que organiza o Departamento de Cultura do Concello de Oleiros. A exposición poderá visitarse ata o venres 26.

A inauguración será mañá ás 20.00 horas. O horario da mostra será de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.
 

back link