Oleiros, 2 de outubro de 2017-. A sala de exposicións do centro cultural A Fábrica acolle desde mañá martes 3 de outubro unha mostra de pintura de Carmen Torreiro. A exposición titúlase “Exilios e desafiuzamentos” e inaugúrase mañá martes ás 20:00 horas.
A mostra permanecerá aberta ata o 17 de outubro. Pode visitarse de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados o horario de apertura vai desde as 10:00 ata as 13:30 horas.