Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle o xoves unha charla coloquio cos creadores da serie ¿El Final del Camino¿

Oleiros, 17 de outubro de 2017-. O centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o vindeiro xoves ás 20:00 horas unha caharla coloquio sobre o proceso de elaboración da serie “El Final del Camino”. Esta actividade, que organiza a Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Oleiros e de Voz Audiovisual, pretende informar tamén sobre o episodio histórico da construción da Catedral de Santiago.

O evento contará con distintos profesionais que participaron na serie, e que serán os encargados de explicar o proceso de creación, desde os guións e os vestiarios ata as técnicas de produción, dirección, iluminación, decoración ou post-produción. “El Final del Camino” foi integramente rodada en Galicia, recreando tanto a cidade de Santiago de Compostela coma outras urbes españolas e marroquís a través de diferentes escenarios, decorados naturais e efectos visuais. En total, utilizáronse 20 localizacións diferentes, que contribuíron a difundir a riqueza paisaxística galega entre os máis de 1,3 millóns de espectadores cos que contou cada capítulo da serie.
 

back link