Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Fábrica acolle esta tarde o acto de entrega do III Premio Mundiario de xornalismo

A xornalista e política María Xosé Porteiro, autora de varios libros de narrativa, ensaio e biográficos, será condecorada co III Premio Mundiario que se entregará na Fábrica hoxe xoves 23 de xaneiro, ás 20 horas. O xurado outorgoulle a distinción en recoñecemento ao seu destacado labor e compromiso en defensa da liberdade de expresión e a cultura. 

No acto, ademais do alcalde, Ángel García Seoane, tomará a palabra o director e fundador de Mundiario, José Luis Gómez, que lle fará entrega a Porteiro da escultura conmemorativa do Premio, obra de Fran Lareo. O evento é público e aberto e contará coa presenza de destacadas personalidades da cultura, o xornalismo, a política e a economía.
 

back link