Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A exposición de fotografía sobre as mulleres maias permanecerá na Fábrica ata o próximo día 31

Oleiros, 23 de marzo de 2012-. A mostra de fotografía que o Concello de Oleiros organiza a través da Concellería de Cooperación no complexo cultural A Fábrica de Perillo permanecerá exposta ata o próximo sábado día 31. O obxectivo desta mostra documental é achegar á sociedade oleirense a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que desde hai moito tempo loita polo recoñecemento dos seus dereitos.

A exposición contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce  protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e as das súas comunidades: María del Mar, O Triunfo, A Verde e Aztlán. O propósito da mostra é romper con estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.
 

back link