O espectáculo, inspirado na coñecida historia da popular institutriz, reuniu sobre o escenario a decenas de alumnas e alumnos, que ofreceron unha actuación chea de talento, creatividade e emoción. A través da danza, a música e unha coidada posta en escena, o público puido gozar dunha adaptación dinámica e colorista que arrancou numerosos aplausos ao longo da función.
O Concello de Oleiros quere felicitar ao equipo docente da Escola Municipal de Danza polo seu traballo, dedicación e profesionalidade, así como agradecer o esforzo e a ilusión do alumnado e das súas familias, fundamentais para facer posible unha montaxe destas características.
Neste espectáculos confírmase o importante papel que desempeñan as escolas municipais na promoción da cultura e das artes escénicas, ademais de constituír un espazo de formación, convivencia e desenvolvemento persoal para nenos e nenas.