Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A contratación das obras de mellora do entorno de Naval e das novas aulas na Escola Municipal d

Oleiros, 02 de setembro de 2016-. Esta semana o Concello de Oleiros adxudicou importantes proxectos contemplados nos orzamentos municipais deste 2016. As obras de mellora do contorno de Naval foron contratadas por 157.300 euros e as de construción de novas aulas na Escola Municipal de Danza ascenden a 198.400 euros.

Aínda que a primeira fase de ordenación do contorno da praia de Naval xa se iniciou con anterioridade, con este novo proxecto continuarase mellorando as zonas verdes, asfaltando a zona e creando máis aparcadoiros. No caso da Escola Municipal de Danza crearanse novas aulas no soto do actual edificio para a creación da Escola Municipal de Teatro.

Esta semana tamén se adxudicou a limpeza do Colexio de Nós. O contrato ten unha duración de dous anos e a empresa que venceu o concurso cobrará 54.800 euros cada ano pola limpeza deste recinto escolar.
 

back link