Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Asociación Galega de xestores deportivos premia as políticas deportivas do Concello de Oleiros

O presidente de AGAXEDE -Asociación Galega de Xestores Deportivos-, Eduardo Blanco Pereira, acompañado da vicepresidenta Patricia Pérez Galiñanes e do vogal Pablo Tenreiro Varela fixo entrega ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, do Premio de Recoñecemento Especial José Luís Salvador polo labor de xestión deportiva realizada polo Concello de Oleiros.

En anteriores edicións dos Premios Galicia á Xestión Deportiva, o Concello de Oleiros recibiu o premio á Mellor Xestión Deportiva dunha Entidade Pública e o propio alcalde recibiu un recoñecemento persoal especial. Ademais, AGAXEDE ten previsto nomear o Concello de Oleiros socio de honra na próxima asemblea da entidade.


 

back link