Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás "Hamelin", o sábado 23 de marzo teatro en Mera

Redrum Teatro presenta este sábado 23 no Auditorio Gabriel García Márquez (20:30 horas) a obra "Hamelin" de Juan Mayorga baixo a dirrección de Alex Sampayo.

A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mun¬do no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Nes¬te sentido, o Hamelin que non sabe protexer os seus nenos é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga trata o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpre¬tar, para imaxinar, para encher os silencios. 

Juan Mayorga aborda o asunto dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes ence¬rran grandes verdades, evita unha linguaxe ordinaria e opta por un público activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena. 

O texto foi galardoado co Premio Max en 2006, e supuxo a consa¬gración definitiva do seu autor Juan Mayorga, Premio Princesa de Asturias das Letras neste ano 2022.

Autoría: Juan Mayorga
Dirección: Alex Sampayo
Elenco: Machi Salgado, Mónica García, Fran Lareu, Belén Constenla, Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Rubén Porto
Xénero: drama
Duración: 90 min
Público: adulto 
Prezo: 4 euros

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
 

back link