Todas elas mantiveron postos de información durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.
Entre as 9.30 a 13.30 horas, uns 600 alumnos dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitaron a Feira en distintas quendas, que estaba exclusivamente dedicado a este alumnado. Pola tarde, o evento abriuse a todo o público interesado.
O encontro foi organizado polo Concello de Oleiros coa colaboración dos departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria: Neira Vilas, María Casares, Miraflores e Hijas de Cristo Rey.