Presentación - Orde pública

Presentación

O Departamento de Orde Pública, dependete da Concellería de Réxime Interior, dedícase ao control do cumprimento das ordenanzas municipais que afectan á convivencia veciñal, como é o caso da normativa sobre ruídos, animais, limpeza etc. Tamén tramita o uso de espazos públicos polos particulares e correspóndelle instrumentar procedementos sancionadores por infraccións administrativas diversas. Cobra singularidade neste aspecto a normativa de Tráfico e Seguridade Viaria, sendo tramitados nesta unidade os expedientes sancionadores.

O Departamento de Orde Pública é o encargado da xestión dos cemiterios municipais, existindo tres en fucionamento na actualidade no Concello, o de Liáns, o de Nós e o de Dorneda, o que da servizo a todos os veciños polo esgotamento do espazo nos dous anteriores.

Nesta unidade tramítanse tamén os expedientes de responsabilidade patrimonial da administración, para os casos de causación de danos da administración cara aos particulares, coma tamén dos particulares que teñen que responder fronte ao Concello.

Outra das competencias municipais que son levadas por este departamento afecta aos transportes públicos, ordenándose o sector do taxi e impulsando as liñas de transporte en autobús metropolitanas.