Presentación - Economía e facenda

Presentación

O departamento da Área Económica do Concello de Oleiros, situado na Avenida Francisca Herrera 3, xestiona as áreas de Intervención e Tesourería municipais. Dende a área de intervención, fiscalízase a xestión económica, financeira e presupostaria municipal e a Xestión Tributaria. Mentres que dende a área de tesourería, contrólanse e xestionanse os fondos municipais e a Recadación municipal.

Ademais o departamento conta cun punto de atención ao público onde efectuamos o rexistro xeral de todas as facturas e se atende aos provedores e administrados persoal e telefónicamente. Tamén se levan a cabo presentación de avais, devolución de fianzas e pagos mediante cheques entre outras xestións. Neste espazo web do portal municipal os veciños e veciñas poden atopar información de interese, contactar co departamento e realizar algúns trámites en liña.

Asset Publisher

Back Taxa sumidoiros

Taxa sumidoiros

Bonificacións / Reduccións

  • Os veciños que colaborasen económicamente na execución de obras comunitarias de conducción dos sumidoiros, sempre que conste dita colaboración nos expedientes de convenios veciñais aprobados polo Pleno do Concello abonarán só o 10% da tarifa de acometida á rede xeral de sumidoiro municipal.