As seguintes actividades, programadas inicialmente para o martes 22 de maio na Biblioteca de Santa Cruz, trasládanse ao 31 de maio, por mor da folga no ensino público prevista para o día 22.
A cargo de Juan Carlos Vázquez Otero
Obradoiro de vidreiras en estilo gótico elaboradas a partir de materiais de papelería traslúcida. Acompaña a esta tarefa unha sesión musical paralela.
Hora: 10,30 a 11,30. Dirixida ao alumnado de 4º A e B de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.
A cargo de Juan Carlos Vázquez Otero e a ilustradora María Lires
A partir do libro “Cinco continentes” realizarán unha serie de ilustracións, introducindo cor, texturas e composicións en mosaico, acompañadas de cancións folclóricas dos cinco continentes.
Hora: 12 a 13. Dirixida ao alumnado de 3º A e B de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.