Outras administracións

Outras administracións

Existen obras que son abordadas por outras administracións públicas, como por exemplo os Paseos Marítimos (Recuperación de segmentos de costa), que corresponde ó Ministerio do Ambiente.

Son competencia da Consellería de Sanidade a construción e dotación dos Centros de Saúde, para os que o Concello normalmente aporta os terreos.

Son competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a construción de centros de ensino obrigatorio, se ben o Concello aporta os terreos. Ademais, O Concello ten cedidos locais para o 2º ciclo de Educación Infantil de O Vilar, en Nós.

Son competencia da Consellería do Mar a construción e dotación do Porto de Lorbé e Muelles de Mera e Santa Cruz.

Son competencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a construción e o mantemento das vías públicas da súa titularidade e a promoción e fomento das políticas de acceso á vivenda pública.

Son competencia do Ministerio de Fomento tódalas circunstancias que arrodean ás obras relacionadas coa N-VI e a AC-12 (Avda. das Mariñas) e a AP-9.

A Demarcación de Costas do Estado é competente para executar o proxecto de acondicionamento do parque da praia de Naval e a senda costeira entre Canide e Santa Ana, así como a senda entre Beiramar e o Graxal.