Concellería de Interior, Seguridade Cidadá, Economía e Facenda e Urbanismo

Imagen Introducción Urbanismo

Onde se cuida ao máximo a paisaxe urbana, o medio natural e as infraestruturas. É o auténtico motor do desenvolvemento municipal. Grazas á intelixente xestión do territorio fomos convertendo a Oleiros nun dos municipios mellor equipados para vivir. O resultado: zonas verdes, instalacións deportivas e culturais, espazos para todas e todos que parten principalmente dos beneficios sociais da xestión territorial.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Back Charla para a prevención de atropelos en Mera mañá

 Oleiros, 29 de novembro de 2022-. Mañá mércores, día 30 de novembro, ás 16:30 horas no Local Social da Lagoa, en Mera, terá lugar unha charla sobre a prevención de atropelos impartido polo coordinador provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico. Todas as persoas asistentes recibirán como agasallo un práctico chaleco reflectante.

 
A actividade encádrase no programa dedicado a persoas de máis de 60 anos, promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros. Previr a seguridade viaria entre os usuarios e usuarias máis vulnerables é unha das liñas prioritarias da DGT para tratar de reducir os índices de sinistralidade de estradas, travesías e ámbitos urbanos.
back link