Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

Asset Publisher

Back OCIOLEIROS 2022

 

 

       Aberto o prazo de pagamento de Ocioleiros 2022. No caso de seguir interesado/a na actividade deberá solicitar o correspondente recibo a través do enderezo electrónico afabrica@oleiros.org (indicando o seu nome e a actividade na que se quere matricular). O prazo para efectuar o pagamento vai do 25 ao 31 de xaneiro, e para formalizar correctamente a inscrición é necesario que nos remita o xustificante dentro do prazo indicado.

            Por favor, no caso de non seguir interesado/a nalgunha das actividades nas que foi admitido/a ou nas que está en listaxe de reserva, deberá comunicalo.

 

Listados de admitidos Ocioleiros 2022Preme aquí

   

 Realización do sorteo: Martes 11 de xaneiro ás 12:00 horas
Publicación de listados definitivos de admitidos: 17 de xaneiro a partir das 13:00 horas.

 Aclaracións para a realización do sorteo:

  • Por motivos de espazos e normativa COVIC-19 as seguintes actividades cambian de número de prazas dispoñibles

    • Curso de Cata de viños : 25 prazas

    • Curso de Xardinería e Horta Ecolóxica: 15 prazas.

    • Conversas de Inglés e Frances: 15 prazas.

    • Cursos de fotografía e tratamento de imaxen dixital: 15 prazas.

  • As seguintes actividades quedan suspendidas ao no alcanzar un número necesario de participantes:

    • Pedalea

    • Conversa en galego

 

PUBLICACIÓN DE LISTADOS DE PREINSCRITOS (28/12/2021)

    Listado de preinscritos: preme aquí.  

 

       

             As preinscricións realizaranse preferentemente na SEDE ELECTRÓNICA (na sección de trámites en liña de cidadáns e empresas) do 13 ao 20 de decembro. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8.30 a 14.30 horas).

     Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.

     O Concello de Oleiros resérvase o dereito de anular actividades nas que non se acadase un número suficiente de persoas participantes, ou en calquera momento en función das circunstancias excepcionais ou recomendacións sanitarias relacionadas coa evolución da pandemia de COVID-19

  • Triptico e bases Ocioleiros 2022Preme aquí.
  • Taboa de Actividades Ocioleiros 2022preme aquí.
  • Información actividadespreme aquí.
  • Inscrición: Preme aquí.  (prazo finalizado)
Pregamos ler ben as bases e solicitar información ás persoas responsables da actividade que lles interese, no caso de que sexa a primeira vez que participen ou se teñen dúbidas sobre esta
 FE DE ERRATAS:
  • A Actividade de horta ecolóxica comezará o 05/03/2021 no mesmo horario, en vez do 12/02/2021
  • As actividades de Conversa en Francés, Inglés, Cursos de Galego e Fotografía, por motivos de espazos e normativa COVIC-19, pasan a ter 15 prazas en vez de 18.

 

 

 

 

 

 

Asset Publisher

Image A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

O Club de Leóns de Oleiros patrocina, coa colaboración do Concello de Oleiros, a obra teatral "La casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.

    Image Actividades de Verán 2016 Actividades de Verán 2016

    Actividades de Verán 2016

    Información das actividades de verán 2016 do Concello de Oleiros

      Image Actividades de Verán 2020 Actividades de Verán 2020

      Actividades de Verán 2020

      Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

        Image Actividades Verán 2017 Actividades Verán 2017

        Actividades Verán 2017

        Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.