Asset Publisher

Back Tríatlon Concello de Oleiros

Regulamento 2026 XXXVI Tríatlon Concello de Oleiros

Mapa de carreira

Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: deportes@oleiros.org

Teléfono: 981 610 000 

Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico 

Data e horario da carreira:

Sábado 9 de Maio 2026

Saída ás 16:00 h

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé

Participación:

Neste tríatlon poderán participar:

  • Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
  • Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 230.

Categorías (H/M):

Absoluta (Xeral), Xuvenil (2009-2010), Junior (2007-2008), Sub-23 (2003-2006), Veterán 1 (1977-86), Veterán 2 (1976-1967 ), Veterán 3 (1966 e anteriores)

Calendario de inscrición:

  • Do Martes 7 de abril ás 10:00 horas ata o luns 27 de abril ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición aquí.
  • A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o venres 17 de abril ás 14:00h.
  • O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros.
  • As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon na seguinte ligazón.
  • Dita licenza será subvencionada polo Concello de Oleiros pero é necesario que cada persoa faga o trámite correspondente na ligazón anterior.
  • Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado e a copia do DNI en Vigor. 
  • Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.

Saída, boxes e meta: 

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.