Presentación
No Centro Muncipal de Formación recóllense as iniciativas do Concello de Oleiros para promover o emprego, para ofrecer aos veciños a oportunidade de mellorar a súa vida se non teñen resolto como integrarse no sistema laboral.
O obxectivo é que todos os homes e mulleres poidan integrarse na vida económica con certas garantías de futuro. Asesoramento, formación, información, xestións... para que a procura dun posto de traballo sexa un labor doado.
Informamos e orientamos profesionalmente, formamos aos demandantes en especialidades con demanda dentro do mercado de traballo, buscámoslle traballo ás persoas a través da nosa Bolsa Local de Emprego, fornecemos de man de obra aos empresarios que a necesitan, asesoramos aos novos emprendedores de cara a que poidan iniciar a súa propia idea empresarial e posibilitamos a adquisición de experiencia profesional a aquelas persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo a través dos programas de emprego municipais.
____________________________________________
Actualmente os Centros municipais de formación "Isaac Díaz Pardo" e "A Carballeira" atópanse Certificados co sistema de xestión da calidade conforme coa norma UNE-EN ISO 9001:2015. O número de rexistro é ER-1734/2005 e o alcance de dita certifcación é o seguinte:
A xestión da formación profesional para o emprego. A prestación do servizo de Orientación de ofertas e demandas de emprego a través do servizo público de emprego de Galicia e do servizo municipal de emprego. A prestación do servizo de asesoramento a emprendedores e empresarios.
*Preme aquí para ver a Certificación ISO 9001:2015