Asset Publisher

Back PROGRAMA DE GARANTÍA JUVENIL

PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL
Dentro dos novos incentivos para a contratación de mozos e mozas, púxose en marcha o programa de garantía xuvenil.
Os obxectivos xerais deste programa son:
* Conseguir formar e cualificar os mozos de entre 16 e 24 anos, que non se encontren traballando, nin estudando ou recibindo formación e que carecen de competencias profesionais para a súa correcta inserción no mercado laboral. Ademais, fomentar o espírito emprendedor e a mobilidade entre os mozos para a creación de empresas e as experiencias europeas que permitan a súa inserción laboral nunha fase posterior.
* Por outra parte o Programa persegue conseguir a participación e o compromiso do sector empresarial coa loita polo emprego xuvenil, mediante accións de acollida nas empresas como prácticas, ou mediante a contratación dos mozos desempregados ofrecéndolles unhas condicións que lles permitan achegarse ao mercado laboral e desenvolverse profesionalmente. Para iso as Empresas participantes recibirán incentivos económicos para fomentar o emprego entre os mozos que se encontren en situación de desemprego ou inactivos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O proceso de inscrición no Programa realízase a través do Ministerio de Emprego e Seguridade Social no enlace que poñemos a continuación ou na Cámara de Comercio da Coruña con previa cita no Tel.: 981216072 (Esther Rodríguez) Rúa Alameda nº 30 piso 1º 15003 A Coruña.
Requisitos con carácter previo:
* Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se encontren en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
* Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
* Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
* Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
* Non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
* Non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
* Presentar unha declaración escrita de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.