Asset Publisher

Back Escola Municipal de Surf

INSCRICIÓN ESCOLA MUNICIPAL SURF

O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/as nacidos/as entre o 2005 e 2013 (só empadroados/as en Oleiros).
 
Prezo público: 15€/mes
 
O programa de actividades de Surf terá lugar no centro deportivo municipal da Praia Bastiagueiro desde o 3 de outubro de 2025 ata o 31 de maio de 2026, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
 
Teremos funcionando 3 grupos (só é posible inscribirse nun grupo):
 
  • Venres de 16.00 a 18.00 horas
  • Sábados de 11.30 a 13.30 horas
  • Domingos de 11.30 a 13.30 horas
O Concello de Oleiros facilitará a táboa, o traxe de neopreno e a licra para a actividade.
 
Desde o 9 de xuño ábrese o prazo para anotarse ao listado de agarda
 

Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma por  rexistro antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.