Presentación - Deportes

Presentación

Actualmente o deporte está integrado na sociedade moderna como unha realidade necesaria, coma un xeito de vida, e cunha relación directa  coa calidade da mesma. Así actualmente, o deporte e a actividade física enténdese na maior parte dos sistemas socio-políticos como un servizo público, ao que as distintas administracións do estado deben atender, especialmente a administración máis próxima ao veciño, o municipio.

Así pois, a estructuración e planificación xeral que temos desde o servizo municipal de deportes, vai  enfocado a achegar a realidade deportiva aos seus habitantes, sendo ademais, un complemento ás vías educativas do deporte escolar, e as vías competitivas do deporte de competición ou deporte federado, pero centralizando a oferta pública de actividade física e deporte como fenómeno social, buscando dar resposta a unha sociedade cada vez máis demandante deste xeito de vivir
        
As funcións principias deste  servizo céntranse principalmente na  planificación deportiva municipal, que poderíamos resumir en dous dous eixos de actuación, por unha parte a xestión do funcionamento de todas as instalacións deportivas do municipio  e por outra parte, a programación deportiva municipal en todos os seus ámbitos: escolar, recreativo, formación deportiva, competicións e torneos e asistenciais.

 O servizo municipal de deportes do Concello de Oleiros está ubicado nas instalacións do Centro Municipal de A Fábrica, en Perillo ( rúa do Inglés s/n, tlfno. 981 636598, e-mail deportes@oleiros.org).

Asset Publisher

Back Programa Municipal de Actividade Acuática

 

O Programa municipal de actividade acuática escolar terá lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Oleiros e Dorneda desde o 1 de outubro de 2022 ao 15 de xuño de 2023, a actividade terá carácter anual, realizando unha sesión semanal durante todo o curso académico e coincidindo co propio calendario escolar do centro.

Inscrición do 12 ao 18 de setembro na mesma piscina que lle corresponda segundo a actividade, poderán recoller a ficha de inscrición na propia piscina (as persoas participantes na Fábrica deberán inscribirse na piscina de Perillo)